Kan sursa
for
Wiki - galego
Jump to:
navigation
,
search
A '''Lingwa de Planeta''' (tamén '''Lidepla''', '''LdP''') é unha lingua auxiliar internacional, cuxo desenvolvemento empezou en 2006 na cidade de San Petersburgo, liderado por Dmitri Ivanov. A versión inicial da lingua publicouse en 2010. Lidepla baséase nas linguas máis faladas do mundo, é dicir, o árabe, o chinés, o inglés, o francés, o alemán, o hindi, o persa, o portugués, o ruso e o español. == Concepto == A idea principal era crear un todo harmonioso baseándose nas linguas nacionais máis faladas e influentes do planeta. Diso sae como resultado o vocabulario de Lidepla, o cal contén unha cantidade significante de palabras non europeas, facendo de Lidepla un worldlang. Un principio xeral seguido na creación de Lidepla foi o ter algo en común coas linguas da maioría dos habitantes da Terra<ref name="xornal">[http://journal.spbu.ru/?p=8660 Статья в журнале СПбГУ (№ 13 (3855) 26 ОКТЯБРЯ 2012)]</ref><ref>http://ifapcom.ru/files/Documents/multiling_eng.pdf#page=112</ref>. == Equipo do proxecto e uso da lingua == O líder do proxecto é un psicólogo, Dmtri Ivanov. Ele sentou as bases da lingua. As lingüistas A. Vinogradova e E. Ivanova axudaron durante a primeira etapa o desenvolvemento de Lidepla. En 2007 A. Lysenko uniuse e converteuse na lingüista principal do proxecto<ref name="xornal" />. Desde o comezo o proxecto foi aberto e amplamente discutido en varios grupos de “conlanger”2 . Por agora (2014) máis de 15 persoas contribuíron á lingua de forma considerable (isto é, traballaron no vocabulario e a gramática, traduciron obras e textos orixinais, incluídas cancións)<ref name="xornal" />, por non falar dos que participaron nos debates. Neste momento, a lingua úsase en comunicación real, principalmente por internet (facebook, yahoo etc.). Unhas 15 persoas dominan a lingua, e unhas 50 pódena usar para comunicarse<ref name="xornal" /> . Hai moitos textos traducidos, incluíndo algúns bastante longos como Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carroll 3 e algúns contos. Existen cancións traducidas e cantadas, incluíndo un álbum do cantante profesional Jonny. M e subtítulos para debuxos animados e películas (como a película rusa Ivan Vasilievich: Volta ao Futuro)<ref name="xornal" />. == Referenzas == <references/> == Ligazóns externas == * [http://lingwadeplaneta.info/en/ Páxina web oficial]
Return to
Wiki - galego
.
Personal tools
Zin
Namespaces
Page
Diskusa
Variants
Views
Read
Kan sursa
View history
Actions
Search
naviga
Shefpaja
Community portal
Nau-eventa
Nodave shanja
Kasuale paja
Helpa
Linka
Lidepla sait
Lideplandia
Lexikon
FasKitaba
Yahu
Shukilok
Proposi
Nove worda
Shanja
Toolbox
What links here
Related changes
Osobe pajas